- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
Naceu no seo da Asociación Musical “Enarmonía”, no mes de xullo de 2011, aínda que os seus membros teñen ampla experiencia cantando xuntos noutras formacións corais.
Dende entón ten participado en distintos programas organizados por ACOPOVI e nos Encontros de Corais de FECOGA. O Concerto de Outono organizado polo propio coro xa resulta tradicional.
O seu repertorio variado (tanto litúrxico como profano) permítelle participar asiduamente como coral invitada na novena do Cristo da Victoria, así como nas de María Auxiliadora e a Virxe do Carme.
No ano 2012 acadou o Terceiro Premio no Concurso de Panxoliñas da Catedral de Tui.
Integrada por 30 membros, o Coro “Enarmonía” está dirixido por Valentina Dolisnea.
CONTACTO
Coro “Enarmonía”
teléfono: 653 593 422
web: enarmonhia.blogspot.com.es
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.