acopovi

HISTORIA

Fundado polo seu director Joaquín Carvajal e Moisés Alonso, organista da catedral de Tui-Vigo no ano 1978. Nace como un grupo de cámara interesado especialmente na polifonía renacentista do século XVI, sen desbotar ningún outro xénero ou estilo musical.

Participou con éxito notable no Certame Internacional de Tolosa e obtivo premios en Avilés, Marín, rexional de Citroën, Televisión de Galicia, Panxoliñas de Caixanova etc. Interviu en encontros corais doutras Comunidades (País Vasco, Andalucía, Madrid...) e actuou en Portugal (Braga, Viana, Evora, Tomar...). Participou a miúdo no Ciclo de Interpretación Coral promovido polo IGAEM, que seleccionaba todos os anos os vinte e cinco coros máis cualificados de Galicia.

Colaborou coa Orquestra Clásica de Vigo e a Xoven Orquestra de Galicia interpretando o Gloria de Vivaldi, a Misa do apóstolo Santiago de Xoán Montes, o Requiem de Fauré e estreou en Galicia o Beatus Vir de Zippoli.

O seu repertorio, moi amplo e variado, contén máis de trescentas pezas de todas as épocas e estilos polo xeral pouco interpretadas no seu contorno, ás que sabe comunicar unha sensibilidade especial, moi do agrado do auditorio que acode aos seus concertos.

CONTACTO

Coro Clásico de Vigo

teléfono: 986 421 517

web: coroclasico.wordpress.com

email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

About the author / Acopovi

Acopovi

Antonio Ceo

At vero eos et accusamus et iusto odio dignissimos ducimus qui blanditiis praesentium voluptatum deleniti atque corrupti quos dolores.

ACOPOVI 2015 © Todos los derechos reservados