Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
Comezou a súa andaina a finais do ano 2002 na escola de música Amadeus, no barrio das Travesas de Vigo. Inicialmente formouse cun grupo de alumnos e amigos. Logo sumáronse outros membros, contando hoxe en día cunhas 52 voces mixtas arredor dun mesmo ideal: o amor pola música e o disfrute do canto.
Fixo a súa presentación no Centro Cultural de Beade (Vigo) en maio de 2003, participando dende entón en múltiples actuacións en distintas cidades e vilas da xeografía galega como Tui, Ourense, O Porriño, San Esteban de Cobres, Poio (Pontevedra), Nigrán, Pontedeume (A Coruña), A Guarda, O Rosal e Vigo; preséntanse en todos os festivais organizados por ACOPOVI; cantaron tamén en Xixón, Gouveia (Portugal) e Madrid convidados por agrupacións corais destes lugares.
O seu repertorio é de contido diverso pretendendo sempre ser ameno e satisfacer os diferentes gustos dos amantes da “palabra cantada”. Inclúe música medieval, clásica, sacra, temas de diversos países e pezas do folclore galego.
CONTACTO
Coral Polifónica “Amadeus”
teléfono: 696 25 86 45
web: coralamadeusvigo.com
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.