Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
No ano 1993 inaugúrase o Centro Social Comunitario de Teis e nese mesmo ano D. Salustiano García Suriz, xunto cun grupo de compañeiros, funda a coral. Dende entón foron dous os directores que continuaron co labor: D. José Antonio Alonso Rebollo e D. José Manuel Barbosa Fernández. Con cada un a coral gravou un CD.
Dende setembro de 2014 o director da coral é D. Xosé Alfredo Oliveira.
O seu repertorio componse de polifonía relixiosa, canción popular, zarzuela e todo tipo de letra que se cante nas corais, sexa do noso país ou doutro.
Son membros de ACOPOVI e participan do seu plan de actuacións.
O 17 de xaneiro de 2.013 celebrouse o 20º aniversario da coral.
Se ben é autónoma, segue baixo o amparo do Centro Social de Teis e da Asociación de Veciños do barrio.
Actualmente a coral atópase en plena renovación.
CONTACTO
Coral do Centro Social de Teis
teléfono: 607 709 705
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.