acopovi

HISTORIA

Fixo o seu concerto de presentación o día 20 de decembro de 1997, no Auditorio da Asociación que lle dá nome. Teñen actuado en diferentes auditorios de Galicia e de Portugal, destacando lugares como: A Coruña, Ames, Ferrol, Pontevedra, Celanova, Lugo, Ourense, Villena, Torrevieja, Gijón, Oviedo, Lisboa, Porto, Ovar, Gondomar, Estoril ou Cascais.

Nos anos 2004, 2006, 2008 e 2010 foron seleccionados para a gran gala final no Festival de Vilancicos de Caixanova. No ano 2008 e 2009 acadan o TERCEIRO PREMIO e o PREMIO ESPECIAL ao director máis destacado no Concurso de Vilancicos da Catedral de Tui; no 2009 son semifinalistas do concurso de corais do programa LUAR da TVG.

Dende o ano 2002 esta coral forma parte do convenio de actuacións que o Concello de Vigo mantén coas Corais Polifónicas da cidade, sendo pioneira nesta iniciativa. Ademais, dende o ano 2007 ata o presente, participaron ininterrompidamente no Festival de Habaneras e Polifonía "Ao son de Vigo", que patrocina a ALCALDÍA de Vigo.

É membro fundador de ACOPOVI e socio de FECOGA.

No ano 2008 presentan o seu primeiro CD titulado "Zamáns Canta" con gravacións realizadas en directo e como resumo dos seus primeiros dez anos de actividade coral.

Xunto coas corais de URECA e Valladares forman o Orfeón “Rey Rivero”, realizando concertos de Nadal do Concello de Vigo nos que se interpretan cancións "a capella" e coros de ópera e zarzuela.

A coral da AVCR "San Mamede” de Zamáns - Vigo, conta con máis de corenta voces mixtas. Está dirixida dende os seus comezos polo director e compositor D. Enrique Lorenzo Vila.

CONTACTO

Coral Polifónica da Asociación Veciñal Cultural Recreativa “San Mamede” de Zamáns

teléfono: 618 116 731

email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

About the author / Acopovi

Acopovi

Antonio Ceo

At vero eos et accusamus et iusto odio dignissimos ducimus qui blanditiis praesentium voluptatum deleniti atque corrupti quos dolores.

ACOPOVI 2015 © Todos los derechos reservados