- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
Formouse a finais do 2013 en Vigo coa finalidade de suplir a carencia de formacións corais que puidesen colaborar con orquestras, bandas e grupos de cámara no sur de Galicia. A súa pretensión inicial tamén consistiu en impulsar novos solistas e servir de ferramenta a compositores noveis e consagrados da rexión das Rías Baixas. O nome do coro manifesta dita finalidade así como a procedencia variada dos compoñentes.
O coro xa levou a cabo máis de vinte actuacións, tanto de xestión propia como organizada por ciclos ou festivais. Participou en festivais como ExplurArt 2014, II Festival Groba, ExplurArt 2015, Pórtico Sonoro e Cultural Cambados 2015, Explurart 2016. Oito programas diferentes foron interpretados en auditorios e igrexas das provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña.
CONTACTO
Coro de Cámara “Rías Baixas”
627676855 / 645581200
mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.