- Detalles
- Publicado: 06 Febrero 2017
HISTORIA
Xorde en outubro de 2013 ao amparo da Asociación de Veciños "O Torreiro" de Coia. Apenas doce persoas amantes da música reúnense grazas ao inestimable labor de Concha Romero e de Marco Antonio Iñarrea, vogal e presidente, respectivamente, da mencionada Asociación.
En xullo de 2014 preséntase oficialmente no colexio público "Escultor Acuña" do barrio de Coia baixo a batuta de D. Bruno Díaz.
Nese mesmo ano amplía considerablemente o número de compoñentes ao contar coa colaboración da coral "Os Vagalumes" de Chandebrito, Nigrán, para configurar a formación actual que, dende o 2015, está dirixida por Dª. Carolina Badia Mascarell.
CONTACTO
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Tfno.: 649 773 235 / 662 049 418