- Detalles
- Publicado: 14 Febrero 2022
HISTORIA
Nace no ano 2012 por iniciativa dun grupo de veciños e veciñas do barrio do Calvario, amantes da música e con ganas de cantar xuntos.
Dende un primeiro momento o obxectivo da Coral Riomao foi o de divertirse e divertir coa súa música.
No ano 2015 constitúese como asociación sen ánimode lucro, traballando conxuntamente coa Asociación de Veciños do Calvario para divulgar a cultura musical.
Desde o ano 2018 ten como director a D. Eladio Bargiela Durán. A súa sede social e local de ensaiosonas instalacións da A.V. Calvario, na avenida Martínez Garrido, 12.
Durante todos estes anos a Coral Riomao ten desenvolto unha intensa actividade musical e cultural con múltiples actuacións.
O seu repertorio está composto tanto de música sacra como de música profana dos máis variados estilos.
No ano 2021 intégrase na Agrupación de Corais Polifónicas de Vigo, ACOPOVI.
CONTACTO
Coral Riomao do Calvario
teléfono: 627 193 910
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.