- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
O 14 de maio do ano 1992, na S.C.R.D.Nautilius de Comesaña naceu a idea de formar unha masa coral.
Os ensaios, con clases de solfa para que todas as persoas comprendesen as partituras facilmente, comezan en xaneiro de 1993 e en xullo dese mesmo ano ten lugar a presentación no local da Sociedade Nautilius.
Na actualidade conta con 30 voces mixtas e no seu repertorio ten obras que interpreta na lingua de orixe (galego, castelán, italiano, francés etc.); conta tamén con misas en galego e castelán.
Realizou actuacións na metade norte de España. Cabe destacar a que levou a cabo en Asturias onde lle cantou á “Santina” na gruta de Covadonga, e a do programa da TVG “A Santa Misa”.
Foi dirixida por D. Rafael Mallo ata o 2010; desde entón leva a batuta D. David González Sobrino.
CONTACTO
Coral Polifónica da Sociedade Cultural Deportiva Recreativa “Nautilius” de Comesaña
teléfono: 661 560 488
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.