acopovi

 

thumb

O domingo, 31 de xaneiro de 2016,  celebramos no auditorio Mar de Vigo a sexta edición do Día de ACOPOVI.

O PREMIO ACOPOVI  polo "apoio ás corais" foi para o Concelleiro de Fomento do Concello de Vigo David Regades. O seu labor imprimiu un pulo importante á Asociación entre os anos 2007 e  2011 sobre todo.

O PREMIO ACOPOVI por "toda unha vida entregada ás corais" outorgouse a Xulio Mosquera.

Foi arquiveiro de FECOGA. Da súa "partituroteca", constituída por miles de composicións, sempre botou man para darllas a quen llas solicitaba: en Vigo e o seu contorno primeiro, logo polo resto de Galicia e España e a centros galegos de Europa e América.

Reharmonizou moitos temas galegos xa coñecidos e compuxo outros.

É autor dunha escolma poética musicada de Rosalía de Castro integrada por máis de cincocentas obras. Cómpre salientar a recompilación de todas as "negras sombras" pois, ademais da orixinal de Xoán Montes, recolle versións de Nemesio Otaño, García Carril, Roxelio Groba, Xoán Trillo, Xulio Domínguez, Alves Barbosa ou Casiano Paredes.

Púxolle música ao poema que Curros Enríquez adicou a Rosalía, "Do mar pola orela",  e convenceu a compositores de Europa e América para que fixesen vinte versións corais do mesmo  noutras tantas linguas, incluídos grego moderno e clásico e tamén esperanto.

Por iso  Vicente Rodríguez Abeijón refírese a  Xulio Mosquera como o "Campaneiro Maior de Bastabales".

 

 

About the author / Acopovi

Acopovi

Antonio Ceo

At vero eos et accusamus et iusto odio dignissimos ducimus qui blanditiis praesentium voluptatum deleniti atque corrupti quos dolores.

ACOPOVI 2015 © Todos los derechos reservados