acopovi

Días 4, 6 e 8 decembro 2016

Auditorio Mar de Vigo, 18 h

 

  

Neste ano celebramos a QUINTA edición do FESTIVAL REY RIVERO, un festival

coral no que participan as corais de Vigo pertencentes a ACOPOVI para lembrar

a memoria do mestre D. Francisco Rey Rivero e  ao tempo espallar a súa

produción compositiva que abrangue  habaneras, cancións galegas, panxoliñas e

unha multitude de adaptacións e arranxos para coro de cancións populares e

de todos os tempos. Por todo isto cremos que este Festival é de suma importancia para a

memoria dunha persoa que tanto adicou a Vigo e ás súas corais polifónicas.

D. Francisco Antonio Rey Rivero contou con numerosos premios e títulos.

Naceu en Vilanova de Arousa e pronto o levaron a Bos Aires. Alí fixo a carreira

musical na que obtivo Premio Extraordinario e foi distinguido coa Medalla ao mérito de

Fin de Carreira no Conservatorio Fracasi daquel país. Xa en España completou a súa

formación musical asistindo a cursos de dirección coral en Barcelona e en Loyola.

A súa vida profesional estivo totalmente vencellada a Vigo. Así, durante máis de trinta

anos dirixiu a Coral Polifónica Casablanca, coa que obtivo éxitos clamorosos en

España e por Europa, gañou primeiros premios e medallas de ouro en Portugal, Lorient

e Bruxelas, así como o Premio Nacional de Polifonía en Torrevieja.

Foi fundador da Coral do Real Club Náutico e de Ureca. Máis recentemente

creouse o Orfeón Rey Rivero no seu nome, coas corais de Valladares, Ureca e Zamáns.

Tanta dedicación foi avalada con premios como “Vigués Distinguido”, “Patrón da

Fundación Calaouste Gulbenkian” de Lisboa, “Medalla de Ouro da Real Academia

Galega de Belas Artes”, “Socio de Honra" e "Medalla de Ouro do Círculo Mercantil de

Vigo”, “Confrade de Honra da Confraría Penitencial do Santísimo Cristo” e Premio

ACOPOVI.

Francisco Antonio Rey Rivero foi un compositor que enriqueceu moitísimo a polifonía,

sobre todo a galega. As súas obras forman parte do repertorio de todas as corais:

belas habaneras, música tradicional galega e panxoliñas fixeron e fan a delicia de quen

as canta e de quen as escoita.

A súa música, aparentemente sinxela, pero moi inspirada e profunda, escrita con gran

sensibilidade, mostra a grandeza e a categoría dun mestre que fixo fácil o difícil.

Escribir música é expresar sentimentos, vivencias, e iso Rey Rivero facíao cunha

mestría insuperable, co pouso da súa longa vida, na que chegou a captar o espírito, a

esencia da música e da propia vida, só alcanzables a persoas con talento, con

sensibilidade e con gusto, mais con moito traballo, esforzo e

 tenacidade.

 

About the author / Acopovi

Acopovi

Antonio Ceo

At vero eos et accusamus et iusto odio dignissimos ducimus qui blanditiis praesentium voluptatum deleniti atque corrupti quos dolores.

ACOPOVI 2015 © Todos los derechos reservados