Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 21 Febrero 2022
HISTORIA
A Coral Cantos de Liberdade nace no ano 2017 grazas á iniciativa dun grupo de mulleres e homes preto do Sindicato das CCOO de Vigo.
No seu inicio a dirección asumiuna Da. Norma Urive-Echeverría Córdova, profesora da Escola Nacional de Arte de La Habana. Con ela entramos a formar parte de ACOPOVI. Realizan os primeiros concertos en Vigo, Vilagarcía, A Guarda e Santiago de Compostela.
Desde xuño do 2021 o director é Don César Lorenzo Álvarez, quen coa súa dilatada experiencia afonda día a día na técnica e expresividade cun innovador repertorio.
A finalidade da coral é buscar a beleza musical, lanzando ao tempo unha mensaxe de solidariedade, xustiza e igualdade a través do canto. O seu repertorio é variado e inclúe música comprometida, clásica, popular, tradicional, latinoamericana... obras de todos os tempos en diversas linguas e estilos.
Móveos a ilusión e a esperanza de poder chegar ao corazón da xente.
CONTACTO
Coral "Cantos de Liberdade"
José Carlos Alonso Ucha, presidente
teléfono: 634 770 456