Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
Fundada no ano 1976 baixo a batuta de D. Vicente Rodríguez Abeijón.
Destaca a participación nun concerto co músico Jean Michel Jarre na primeira xira que o artista fixo por España (Monte do Gozo, Santiago de Compostela).
No verán de 1996 realizou vários concertos na comunidade de Navarra.
Da man da Asociación Coral O Piñeiral de Chapela colaboran conxuntamente en concertos, cursos e diversas experiencias musicais coincidindo con diversas conmemoraciones: Viva Mozart, Música no Renacemento, Lenzos dos namorados, Sentir en galego, Cantigas doutros mares etc.
Actúan con diversas bandas de música como as de Chapela, Matamá e a propia de Candeán así como otros grupos instrumentais: Ars Longa de La Habana (Cuba) e o cuarteto de clarinetes Di Basetto de Vigo.
Tamén contan con pianistas da talla de Alejo Amoedo, Cristian do Campo, Elena López, Ramón Souto Caride etc.
Participan en obradoiros de técnica vocal con Mercedes Diaz Chópite, Nuria Lorenzo, Teresa Paz, Adalis Fernández, Jorge Luis Benítez Pérez, as actrices e contacontos Charo Pita, Servando Barreiro e Chusa...
É unha coral aberta a calquera experiencia musical que se lle presente.
Asociados a ACOPOVI dende a súa fundación.
O director é Alberto Abal García.
CONTACTO
Coral Polifónica da Unión Veciñal Cultural Deportiva de Candeán
teléfono: 675 652 754
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.