Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
Fundada no ano 1957 por D. Enrique Rey.
Actualmente está constituída por 32 voces, das que algo máis da metade son de persoas cegas ou con discapacidade visual.
O seu repertorio abrangue polifonía relixiosa e profana de todas as épocas e países (renacemento, barroco, clasicismo, romanticismo e século XX). Tamén adica atención á música popular de todo o mundo, especialmente á galega.
Ao longo destes 57 anos realizou concertos e recitais por toda a xeografía galega, española e portuguesa, participando en múltiples certames corais.
Gravou tres discos, que ofrecen unha mostra do seu repertorio. Montaron obras con orquestra como a Misa Breve de Mozart KV 140 estreada en Vigo, Salamanca e Ciudad Rodrigo. Foi gravada nun concerto en directo no Mosteiro de Poio, en Pontevedra.
A coral actuou no Teatro Monumental de Madrid con motivo do Ano Internacional das Persoas con Discapacidade, en 2003.
O seu director actual é D. Enrique A. Martínez.
CONTACTO
Coral Polifónica “Cidade de Vigo”
teléfono: 676 971 575 - 626 948 101
correo electrónico: kikeparadadomonteEsta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.ail.com | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.