Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
A Coral Polifónica San Pelayo nace no ano 1995 no seo da asociación veciñal “Emilio Crespo” de Navia.
Congrega un colectivo de persoas de diferentes idades, moitas delas carentes de coñecementos musicais, pero unidas pola universal linguaxe da música, por un enorme tesón nos ensaios e por unha gran ilusión que conducen a uns logros artísticos satisfactorios e gratificantes.
A coral está composta na actualidade por uns 45 membros. O seu repertorio é amplo e variado, formado por numerosas obras que abranguen diferentes épocas e estilos musicais.
Ten presenza nos actos musicais máis importantes que se celebran na cidade de Vigo como o Festival de Habaneras "Ao son de Vigo", Festival das Letras Galegas, o Festival Rey Rivero, o Festival de Corais de verán, o Festival de Orfeóns, Marinetea, festivais solidarios. Dende o ano 2010 forma parte do orfeón "Airiños de Vigo".
A coral sempre está á procura de innovar con cancións, obras pouco coñecidas ou mesmo música instrumental e faino moitas veces acompañada de bandas de música, piano, cuartetos etc. Un dos proxectos innovadores é a participación da Big Bang Band - banda de Jazz tamén pertencente á A.VV. de Navia.
A súa directora é Da. Zivile Keblikaite
CONTACTO
Coral Polifónica da Asociación Veciñal “Emilio Crespo” de Navia
teléfono: 609 306 930 - 622 799 200
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. l Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.