Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
Fundouse no ano 1928.
En 1985 inicia unha nova etapa con actuacións en centros culturais de Vigo e diversas localidades de Galicia, Portugal, Barcelona (na Asociación Galega de Horta e na igrexa de San Raimond de Peñafort), Xaén, Asturias, aparicións en programas da Televisión de Galicia e da Radiotelevisión Portuguesa...
Contan cunha gravación realizada pola Radio Galega. Tamén gravaron un CD con todos os grupos musicais da Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa “Helios” á que pertencen.
Son membros fundadores de FE.CO.GA. (Federación Coral Galega).
Pertencen a A.CO.PO.VI. (Asociación de Corais Polifónicas de Vigo). Nos últimos anos veñen participando en todos os festivais e actuacións pactadas entre esta Asociación e o Concello.
A comezos de outubro de 2010 celebraron o seu 25 aniversario no auditorio da S.C.D.R. ”Helios” de Bembrive co “Orfeón Valdeorrés” e mais a Coral do Porto de Leixões.
O seu repertorio caracterízase pola orixinalidade e concienzuda escolma de temas, integrado por máis de duascentas cancións, nas que predomina a música litúrxica e tradicional.
A coral está composta por trinta persoas.
Dende hai corenta anos vén sendo dirixida por D. Vicente Rodríguez Abeijón.
CONTACTO
Coral Polifónica da Sociedade Cultural Deportiva Recreativa “Helios” de Bembrive
teléfonos: 667 416 501
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.