Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
Fundada no ano 1973.
Os seus primeiros integrantes foron pais, nais, familiares e antigos alumnos do Colexio Salesiano de Vigo para participar nos actos litúrxicos propios da parroquia. O seu repertorio abrangue todo tipo de música, facendo especial fincapé na relixiosa.
Ten participado en actuacións por toda a xeografía galega e en encontros: Romerías Corais, Mostra Galega de Panxoliñas ou Festivais de Habaneras “Ao son de Vigo”. Así mesmo, participaron nas diferentes edicións do Concurso de Vilancicos Caixanova, quedando seleccionada na maioría das ocasións e obtendo o 1o Premio no Concurso de Vilancicos da Catedral de Tui no ano 2004.
Participou no 1o concerto organizado por Marinetea conxuntamente coa banda da Escola Naval Militar de Marín.
Teñen realizado diversos cursiños de técnica vocal impartidos polo compositor arxentino Eduardo Correa e a directora do grupo “Ars longa” de La Habana, Teresa Paz.
Forman parte da FE.CO.GA. e ACOPOVI.
Teñen intención de viaxar a Turín para visitar a vila de San Juan Bosco co propósito de cantar na basílica de María Auxiliadora desta cidade italiana.
Desde 2005 ata a actualidade dirixe o coro D. Alberto Abal García.
CONTACTO
Coral Polifónica “María Auxiliadora”
teléfono: 629 790 690
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.