Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
Xorde como masa coral o 16 de setembro de 1991 baixo a dirección da súa actual directora Da. Marisa González Monroy.
Está formada por 27 compoñentes.
Os seus integrantes proveñen dun coro de afeccionados para acompañar as misas con cancións a unha soa voz, mais unha vez instituída a coral, esta transfórmase e o canto a unha voz dá lugar á interpretación de temas a catro voces mixtas.
O seu repertorio é moi diverso: habaneras, música sacra, polifonía galega, vilancicos, temas de ópera e cancións de zarzuela. Son variadas as súas actuacións ao longo do ano e potencian intercambios culturais entre corais doutras provincias.
Dende o ano 2011 forma parte do orfeón “Airiños de Vigo”.
Son de salientar estas actuacións: Semana Cultural e Concierto de Zarzuela en Alcabre; certames do Mar en Moaña; certames de Primavera en Silleda, n'As Neves e o Baixo Miño; concerto de verán no Auditorio de Castrelos; concertos de Marinetea.
CONTACTO
Coral Polifónica “Perla do Atlántico” de Alcabre
teléfono: 606 862 178 /676 472 819
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.