Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
Nace en outubro do ano 2005 con dezaseis compoñentes, na súa maioría procedentes doutras formacións corais. Por esas datas intégrase na Asociación de Veciños “Fonte do Galo”, onde realiza os seus ensaios.
Na actualidade consta de 45 voces mixtas.
En xaneiro do 2008 pasa a pertenecer ao “Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Pontevedra”. Como tal, fixo a súa presentación con dous concertos en febreiro de 2008.
En maio do 2008, e con motivo do acto de clausura das “XIII Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria”, dá un concerto no Auditorio do IFEVI acompañada nalgunhas das súas obras polo Grupo de Cámara Harmonía.
En decembro do 2008 participa no “Concerto de Corais de Nadal”, na Igrexa dos PP. Escolapios de Monforte de Lemos.
Intervén nos actos anuais de Homenaxe ao Xubilado do Sergas.
Cada ano, en honor a S. Brais (patrono de los otorrinolaringólogos), canta a Misa Solemne.
Participa en concertos que organiza ACOPOVI de Música Sacra, Letras Galegas e Habaneras.
No seu repertorio figuran composicións de varios estilos de música: popular, galega, sacra, do mundo, habaneras, vilancicos.
CONTACTO
Coral “Rosalía de Castro” do Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Pontevedra
teléfono: 607 572 720
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.