acopovi

Constituíuse como asociación en novembro de 2021, froito das inquedanzas dun pequeno grupo de estudantes do Programa de Maiores da Universidade de Vigo. Durante o curso académico 2022/2023 o coro incrementouse á cifra actual de 43 coralistas.

Como asociación vinculada ao Programa de Maiores da Universidade de Vigo, é necesario alcanzar o mínimo de coralistas matriculados no P.U.M., algo que parece non ser ningún inconveniente, pois o Programa Universitario Sénior supón unha excelente e grata oportunidade para manterse en forma intelectual e socialmente.

Como Asociación Estudantil da Universidade de Vigo, a formación musical é obrigatoria. Da man do seu director, D. Jacobo García González, e de Dª. Teresa Paz, experta en música antiga, reciben clases de solfexo e mais de técnica vocal e auditiva na Facultade de Comercio en Vigo.

A constante achega de coralistas, a maioría sen experiencia en canto coral, facilita novas incorporacións sen medo ao ridículo ou á falta de confianza nun/a mesmo/a para acadar o nivel musical desexado, o único modo de garantir a perpetuidade da música coral.

CONTACTO

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

About the author / Acopovi

Acopovi

Antonio Ceo

At vero eos et accusamus et iusto odio dignissimos ducimus qui blanditiis praesentium voluptatum deleniti atque corrupti quos dolores.

ACOPOVI 2015 © Todos los derechos reservados