acopovi

HISTORIA

Creada en maio do ano 1988 dentro da Asociación de Veciños de Cabral. “Alborada” significa “música pola mañá nun día de festa” e “composición musical para ser tocada ao mencer”.

A súa primeira actuación tivo lugar en xullo do ano 1989 na Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Cabral, baixo a dirección de Don Javier Jurado.

Formada por corenta e catro voces mixtas, dividas en catro cordas. Posúe un extenso repertorio que vai desde os cantos representativos de noso folclore ata habaneras, pasando pola música sacra, clásica, doutros países e panxoliñas de moi variados autores.

Participou en certames en Portugal, Cáceres, Asturias e Bilbao, así como na Misa do Peregrino en Santiago de Compostela.

No ano 2011 realizou o Concerto do Nadal da Asociación Española contra o Cancro, o Festival das Letras Galegas ou o concerto da Marinetea. No Concello de Vigo, actuou en lugares destacados como o Ifevi, o Teatro García Barbón ou o Auditorio Mar de Vigo. Actuou no Centro Galego de Santander, tamén en León e en Valladolid.

Está afiliada a FECOGA e ACOPOVI e forma parte do Orfeón “Airiños de Vigo”.

A súa actual directora é Dona Zivile Keblikaite-Butkeviciene.

CONTACTO

Coral Polifónica “Alborada” da Asociación de Veciños de Cabral

teléfono: 986 250 703

email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

About the author / Acopovi

Acopovi

Antonio Ceo

At vero eos et accusamus et iusto odio dignissimos ducimus qui blanditiis praesentium voluptatum deleniti atque corrupti quos dolores.

ACOPOVI 2015 © Todos los derechos reservados