Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
A Coral Polifónica Allegro nace en xaneiro de 1996. Na actualidade está formada por 25 voces mixtas baixo a dirección de dona Preciosa Ucha Sobral.
Ao longo da súa historia conseguíu innumerables premios, entre os que destacan os Primeiros Premios no “Certame de Corais Vila de Arbo” e no “Certame de Corais de Vigo” organizado pola Deputación de Pontevedra.
No seu amplo repertorio inclúen pezas polifónicas moi diversas, tanto clásicas como populares, e adaptacións de coñecidos temas actuais ou latinoamericanos, interpretadas co peculiar estilo que identifica esta formación coral.
Isto levounos a participar na televisión, invitacións a actos sociais e a diferentes cidades de España e Portugal, ademais de realizar espectáculos ambiciosos como o “Bicentenario de Verdi”, “Érase unha vez a Zarzuela”, “Benvidos ao Musical” e “Viaxe á Zarzuela”, todos eles con gran éxito de público e crítica.
No marco do seu labor social e educativo, a Coral Polifónica Allegro organiza, a través da escola de música do mesmo nome, obradoiros de divulgación e aproximación á música coral, cun enfoque innovador.
CONTACTO
Coral Polifónica “Allegro”
teléfono: 637 712 882
web: coralallegrovigo.blogspot.com.es
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.