- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
O Coro Enarmonía de Vigo nace no seo da Asociación Musical Enarmonía (asociación sen ánimo de lucro) no mes de xullo do 2011, aínda que os seus integrantes amosan ampla experiencia musical tras formar parte doutras formacións corais. O primeiro concerto do Coro Enarmonía tivo lugar o 22 de xullo do ano da súa fundación, no marco do programa “Vigo, un Mar de Corais”.
Membro de ACOPOVI e de FECOGA, participa nas actividades propostas por ambas entidades.
Na súa andaina ten formado parte de numerosos eventos musicais, entre os que cabe destacar celebracións relixiosas e concertos de música sacra, concurso de Vilancicos na Catedral de Tui (obtendo no 2012 o terceiro premio), certame Homenaxe a Manuel de Dios (2015) no Liceo de Recreo Ourensán (segundo premio), Certame Coral da Illa de Arousa e intercambios corais, sobre todo no marco da celebración do Concerto de Outono no Día de Santa Cecilia.
Enarmonía presta especial atención á música sacra, fundamentalmente á galega, así como a obras clásicas e populares de moi variados países e rexións.
O coro empezou baixo a dirección de Valentina Dolisnea Ivasechko e foi dirixido en varias ocasións por Marga Martínez, actuando posteriormente baixo a dirección de Javier Santalices.
Na actualidade o director é Manuel Cunqueiro.
CONTACTO
Coro “Enarmonía”
teléfono: 610 686 415
web: enarmonhia.blogspot.com.es
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.