- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
A Coral Polifónica “Máximo Gorki” naceu no ano 1989 como “Coro da Asociación de Amigos de España-URSS”.
No ano 2006, co ánimo de continuar co proxecto musical, constituíuse como asociación cultural sen ánimo de lucro, co seu nome actual: Asociación Coral Polifónica “Máximo Gorki”.
Como eventos de produción propia organiza anualmente dos encontros corais: en primavera “Cancións do Mundo” e en outono “Outono de Corais”.
O seu repertorio abrangue unha ampla imaxe da música coral a través do tempo e dos distintos países e culturas, xunto coa música popular e de autor de Galicia.
Foi dirixida por D. Vicente Rodríguez Abeijón, D. José Manuel Barbosa Fernández e D. Alejandro Morales Curcio.
As 35 voces mixtas que compoñen a coral ensaian no IES Santa Irene de Vigo (centro que, xenerosamente, pon a disposición as súas instalacións) e traballan na actualidade, e dende hai máis dunha década, baixo a dirección do mestre D. César Lorenzo Álvarez.
CONTACTO
Asociación Coral Polifónica “Máximo Gorki”
dirección: Praza Eugenio Fadrique no 7 – baixo
36208 VIGO
teléfono: 627 540 297
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.