Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
A Coral polifónica Amadeus comezou a súa andaina a finais do ano 2002 na escola de música Amadeus, no barrio das Travesas de Vigo.
lnicialmente formada por un grupo de alumnos e amigos, fóronselle sumando novos e novas integrantes amantes da música e a coral
independízouse da escola.
Amadeus fixo a súa presentación no Centro Cultural de Beade en maio do 2003 participando, dende entón, en múltiples eventos. Sempre
baixo a dirección da profesora Norma Urive-Echeverria Cordova.
O noso repertorio despois de vinte anos é amplo e componse de obras de estilo diverso como música medieval, temas de diferentes países,obras clásicas, música sacra , pezas populares galegas, e temas do Nadal entre outros.
Intentamos desfrutar cantando nun ambiente cordial e distendido, esforzándonos por mellorar día a día a nosa afinación e técnica vocal daman do noso novo mestre e director artístico Juanjo Cura.
CONTACTO
Coral Polifónica “Amadeus”
web: coralamadeusvigo.com
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.