Corais Artigos
- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
Nace no ano 1974 baixo a dirección de D. José Oliveira. A partir de 1982 sucédenlle no cargo os seguintes directores: D. José Pereira, D. Alberto Cid Castro, D. Javier Jurado Luque e D. Lucas Alonso Pérez. Na actualidade, e dende 2009, o seu director é D. Enrique Lorenzo Vila, que compaxina o seu labor coa de Director da Agrupación Musical desta Sociedade.
En todos estes anos, esta coral actuou por toda Galicia. Podemos destacar a súa presenza en Lorient (Francia), en León, Asturias, Zamora, varios concertos para o programa de Televisión Española "Galicia para o Mundo", as actuacións con Juan Pardo en Castrelos, con Jean Michel Jarre no Monte do Gozo de Santiago nas celebracións do Xacobeo, ou o seu achegamento á zarzuela representando integramente, xunto co grupo de Teatro e a Agrupación da mesma Sociedade, a obra "La Gran Vía".
Dende o ano 2002 forman parte do convenio de actuacións que o Concello de Vigo mantén coas corais da cidade, tamén participaron en todas as edicións do Festival de Habaneras e Polifonía "Ao son de Vigo".
Son membros de ACOPOVI e FECOGA.
Xunto coas corais de Cabral, Navia e Alcabre forman o Orfeón “Airiños de Vigo”, realizando concertos da Marinetea, Nadal e solidarios acompañados da Agrupación Musical Atlántida de Matamá.
Na actualidade conta con máis de 40 compoñentes que, xunto co seu director, D. Enrique Lorenzo Vila, traballan nun amplo repertorio que vai dende a música relixiosa ás zarzuelas, coros de coñecidas óperas, vilancicos, habaneras ou cantos populares.
CONTACTO
Coral Polifónica da Sociedade Cultural Deportiva “Atlántida” de Matamá
teléfono: 986 236 389
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.