- Detalles
- Publicado: 02 Febrero 2015
HISTORIA
Fundada no ano 1992 pola directora do Centro Social Rivera Atienza que, naquelas datas, era Da. Carmen Arbilla.
O 24 de xullo de 1994 tivo lugar a súa presentación oficial no Auditorio do Concello de Vigo, apadriñada pola coral Helios de Bembrive.
A finais do ano 2009 constitúese como asociación sen ánimo de lucro adoptando o nome de Asociación Coral Centro Social Rivera Atienza.
En novembro de 2011 participou, como “coral convidada”, na novena edición da Bienal de Polifonía Regional Autóctona “Ciudad de Cangas de Onís”, no Principado de Asturias.
No 2015 obtén o terceiro premio no XIII Concurso de Corais da Catedral de Tui.
No 2016 gaña o terceiro premio no Certame Galego de Corais "Vila de Arbo".
O seu repertorio musical contén un programa de concertos moi variado con obras de relevantes compositores como Haendel, Gounod, Telemann etc. e de distintos xéneros: música sacra, pezas de anónimos antigos da música española, coros de ópera e zarzuela, panxoliñas, habaneras, música popular etc.
Dende xaneiro de 2012 a dirección artística está a cargo de Do. Lino Borroto Vargas, que ampliou este repertorio introducindo algúns ritmos máis cálidos.
CONTACTO
Asociación Coral "Centro Social Rivera Atienza"
enderezo: Rúa Martínez Garrido, 19
36205 VIGO
teléfono: 676 769 909
email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.